Festival RiЯ

· Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia

· Festival Internacional de Cortometrajes de Comedia

· International Comedy Shortfilm Festival

· Festival International du Court Métrage de Comédie

Festival RiR, unha cita co humor; Teatro, Danza, Música, Monólogos, Obradoiros e sobre todo, o Festival Internacional de Curtas de Comedia. Tódalas actividades de balde, para desfrutar en familia nunha vila tan fermosa coma Allariz (Ourense).

SELECCIÓN OFICIAL

Curtametraxes dentro da Selección Oficial 2018

SELECCIÓN OFICIAL

Curtametraxes dentro da Selección Oficial 2018 no apartado de Animación

SELECCIÓN OFICIAL

Curtametraxes dentro da Selección Oficial 2018 no apartado Fóra de Competición

PALMARÉS CURTAS FILM FESTIVAL

Curtametraxes gañadoras do festival amigo convidado Curtas (Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada) no 2017

DE QUE VAI O FESTIVAL?

Un festival aberto, no que hai diferentes actividades polas prazas e rúas da vila
CINEMA

Allariz acolle o Festival Internacional de Curtas de Comedia, onde se dan cita diferentes curtametraxes de diferentes países dentro do xénero da comedia.

MÚSICA

Actuacións musicais en formato sinxelo e acústico, onde se poderán descobrir artistas que neste festival atopan unha oportunidade para amosar as súas composicións.

TEATRO E DANZA

En diferentes rúas e prazas da vila nos atopamos con teatralizacións, espectáculos de danza e incluso unha mistura de ámbalas dúas.

MONÓLOGOS

Unha modalidade de espectáculo coma esta non podía faltar no festival, onde diferentes artistas nos fan rir coas súas ocorrencias.

OBRADOIROS

Porque cremos que a ensinanza é a base do futuro audiovisual galego, impartense varios obradoiros de balde para cativ@s e maiores.

COLABORADORES

Grazas ós nosos colaboradores, este festival é posible!

QUERES COLABRAR CON NÓS?

Séguenos