Un dos premios que se outorgará o vindeiro 8 de Setembro no Festival RIR será o de Premio Vicente Risco ó Mellor Guión, dando así visibilidade a un dos máis ilustres persoeiros da cultura galega, quen tivo unha vinculación especial coa vila de Allariz.

A propia Fundación Vicente Risco será un dos espazos do Festival, onde tódolos días se poderá desfrutar, dende as 17h das primeiras curtametraxes cómicas de outro xenio, Charles Chaplin, nunha sala habilitada para estas proxeccións, onde cativos e maiores botarán unhas boas gargalladas con estas primeiras obras feitas para Mutual e Essanay.

Aproveitando a visita a este espazo, recomendamos encarecidamente a visita, na parte superior do edificio, da exposición de Xabier Varela sobre O porco de pé.