Comezan os preparativos para a segunda edición do Festival RiЯ (International Comedy Shortfilm Festival) onde se poderá desfrutar de novo, dunha selección internacional de curtametraxes de comedia, que irán acompañadas de diversas actividades polas prazas e rúas de Allariz.

Xa está aberto o prazo de inscrición para as curtas ata o vindeiro domingo día 30 de Xuño, podedes consultar aquí as bases.

A edición de 2019 dará comezo o mércores día 4 de Setembro, ata o domingo día 8. Esta edición estará adicada a outro imprescindible do humor coma foi o precursor Buster Keaton, dado o éxito da pasada edición, onde se rendiu homenaxe á figura de Charles Chaplin e que moitos cativos se achegaron a descubrir.

No apartado Festival Amigo Convidado teremos o pracer de contar nesta edición co palmarés do 2018 do FIC VÍA XIV (Verín, Ourense)