O Pixel Art é a composición de imaxes empregando cadriños. Unha versión actualizada e dixital de cando os nosos devanceiros crearon mosaicos ou de cando as nosas nais bordaban en punto de cruz o noso nome no batín da escola. Xa nos anos 80 o Pixel Art convertese no código gráfico sobre que se constrúe a informática e os videoxogos e, a pesar do predominio dende o cambio de Milenio da tridimensionalidade e os gráficos máis refinados, unha cohorte de deseñadores e artistas gráficos, continúan empregando este estilo dixital para crear videoxogos e compoñer ilustracións con certo gusto retro a eses cada vez máis lonxanos anos 90.

David Calviño é deseñador gráfico e ilustrador Pixel Art. Baixo o seu selo Pixel ARGH! realiza ilustracións e pezas animadas adaptando elementos atemporais da cultura popular galega como o Xabarín Club, a obra gráfica de Castelao, series míticas coma Pratos combinados ou os omnipresentes transformadores de Fenosa.

 

 

 

 

 

 

 

  • DATA : De mércores, 8 a sábado, 11 de setembro
  • LUGAR : A Paneira (Praza Maior, 3)
  • HORA : Mañá de 12:00-13:30 · Tarde de 17:00-20:00
  • ENTRADA : Libre e de balde, con aforo limitado.