Jorge Boquete e Óscar Cruz forman a produtora Porco Bravú e son a os creadores da webserie Peter Brandon, unha vida pola comedia que é posible, tamén, grazas á interpretación do cómico Pedro Brandariz.

Peter Brandon é un falso documental no que o drama se xunta coa comedia para amosar a vida fóra dos escenarios dun cómico galego. A serie estreouse a finais do ano pasado en YouTube e xa conta cun importante recoñecemento: o Premio Mestre Mateo a mellor webserie.

 

-Que supuxo conseguir este recoñecemento?

Foi un pracer recoller este premio e que con apenas tres capítulos xa conseguimos este recoñecemento. Para a nosa produtora, Porco Bravú é o terceiro Mestre Mateo, xa que coa anterior webserie que fixemos, El Método Sueco, conseguimos dous.

 

– Cal está sendo a acollida de Peter Brandon?

Desde a emisión da serie estannos a chamar máis para outros traballos. Tamén era como a nosa meta, darnos a coñecer.

 

-Cales son os seguintes plans para a webserie?

De momento o obxectivo principal é terminala. Completar unha tempada de sete capítulos. Tamén queremos darnos a coñecer e amosar o que somos capaces de facer. Iste é o primeiro proxecto grande que facíamos e queremos que sexa como a nosa carta de presentación. Para nós o ideal é que Peter Brandon termine na televisión.

 

-Como conseguides financiar este proxecto?

Participamos no concurso Carballo Interplay e conseguimos un premio de 1.500 euros que fixo posible a webserie. Presentamos o proxecto e gracias a este diñeiro puxemos todo en marcha. Pedro puxo a outra metade e é o produtor executivo. De momento é un proxecto amateur e ninguén está cobrando, esperamos que nun futuro poida ser un traballo que cubra gastos.

 

-En canto tempo se gravou a serie?

En cinco días aproximadamente. Foron cinco días para gravar en definitiva unha película xa que polo de agora temos en total 90 minutos. Foi un tempo moi xusto e claro, hai escenas que se puideramos facer unha toma máis, houbesen quedado perfectas, pero non tiñamos tempo para facelas.

 

– Como é un día de rodaxe?

Ao longo dun día gravamos en diferentes lugares para aproveitar o máximo posible. Despois tamén nos adaptábamos á axenda dos actores que colaboraron na serie e mesmo nalgúns casos gravamos todas as escenas no mesmo día.

 

– Como resultou a experiencia de colaborar con distintas personalidades do mundo do audiovisual galego?

A verdade é que moi ben. Xurdiu a idea de falar con algúns actores galegos e en todo momento aceptaron en colaborar e portáronse moi ben con nós.

 

– Estades traballando xa na posta en marcha dos seguintes capítulos?

Xa temos ideas, demasiadas. Agora temos que empezar a elixir as que vamos a gravar. O que máis nos costa é tomar a decisión de que escenas son as que van ir na serie e cales non. Non temos unha data concreta, cando estea todo vai saír con forza. Ademais é un proxecto altruísta polo que aínda que non queiramos hai que priorizar outros traballos.