Cun par de centenas de curtametraxes chegadas dende diferentes países, animámosvos a que nos fagades chegar as vosas curtas de comedia a través da plataforma dixital Festhome ou solicitándonos a ficha de inscrición a través do noso correo electrónico contacto@festivalrir.com

Podes ler as bases aquí e estar á última seguíndonos nas nosas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter)

Nesta 2ª Edición do Festival RiR imos ter unha morea de novas coas que ides escachar coa risa!