Nesta 2ª Edición do Festival RiR contaremos co palmarés do FIC Vía XIV dentro do apartado Festival amigo convidado, onde poderemos ver as curtas:

Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial Nova:
· Judgement de Raymund Ribay Gutiérrez (Filipinas)

Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial Horizontes:
· Bacha Posh de Yalda Afsah & Ginan Seidl (Alemaña)

Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial Outra Mirada:
· Our song to war de Juanita Onzaga (Bélxica/Colombia)

Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial:
· Pele de luz de André Guiomar (Portugal)

Mención Especial do Xurado:
· Fauve de Jérémy Comte (Canadá)

Premio Especial do Público:
· La poesía solo muere cuando termina de Adelaida Lamas (Galicia)

Estarán con nós o director do festival Carlos Montero xunto con Jorge Godás, que virán para falarnos do que se aproxima nesta vindeira edición que están a preparar.