Xa temos ó xurado preparado para visionar, xunto cos asistentes ás proxeccións, as curtametraxes que se atopan dentro da Selección Oficial:

Miguel Ángel Lamata está a piques de estrear o seu último filme Los Futbolísimos e na súa filmografía é imposible atopar algo que non sexa comedia, dende Nuestros amantes ata Isi/Disi, Alto Voltaje, pasando por Una de zombis ou Tensión sexual no resuelta será un pracer compartir risas!

Moncho Lemos é unha desas caras que vemos a cotío pola Televisión de Galicia e escoitamos na Radio Galega. Xornalista cinematográfico cunha longa traxectoria neste eido, e co que desfrutaremos visionando as curtas a competición…

María Costas é unha actriz cunha longa traxectoria sobre as táboas, moi recoñecida por series de televisión coma Casa Manola e que, aínda por riba, canta que non vexas! Recentemente gañou o premio Mestre Mateo polo seu incríble papel no filme Dhogs e tamén a poderemos ver na webserie Peter Brandon, unha vida pola comedia que se proxecta no festival…

Juan Hervella-Rego ten un estilo moi particular, onde mistura cinema de acción e humor. Coa súa última curtametraxe, Share o no Share logrou multitude de seleccións, recoñecementos e premios, entre eles o de mellor dirección que lle outorgou CREA (Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización) no Festival de Cans.