Peter Brandon é o alter ego de Pedro Brandariz, unha webserie galardonada en diferentes edicións dos Premios Mestre Mateo, unha viaxe pola vida dun comediante que quere chegar a moito máis público, unha sentida narración do día a día dos que queren facer rir ós demáis…

O vindeiro día 8 de Setembro, dentro da programación do Festival RIR, poderedes descobrir a este personaxe na presentación dos 3 primeiros capítulos desta webserie chamada Peter Brandon, unha vida pola comedia, onde haberá un coloquio cos seus protagonistas: Jorge Boquete (director), Óscar Cruz (guionista) e Pedro Brandariz (actor protagonista), e nos descubrirán un contido exclusivo para a ocasión.

Brandariz, ademáis, fará un monólogo a continuación da entrega de premios do Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia, e de seguro que nos fará rir… e moito!

Como remate da programación do día, os máis millenial poderán desfrutar do Porco Bravú Dj Set, así que ide traendo unhas boas zapatillas para move-los pes!