Dentro da sección Festival Amigo Convidado (pola que xa pasaron o Curtas Festival do Imaxinario, de Vilagarcía de Arousa, o FIC Vía XIV, de Verín e o Galician Freaky Film Festival, de Vigo) estará nesta 4ª edición o FIC Bueu. Presentarannos 3 obras premiadas na pasada edición (Fleur de pavot, de Baer Xiao, Olla, de Ariane Labed e Carne, de Camila Kater). Tamén falarán sobre a edición deste ano, a número 14, que se celebra do 10 ao 19 de setembro. Severiano Casalderrey será o encargado de presentarnos o festival, e aproveitando a ocasión, tamén nos falará do seu libro, Cadernos FICBueu: a «Nouvelle Vague» a través das súas curtametraxes (1956-65).

  • DATA : Xoves, 9 de setembro
  • LUGAR : Salón de actos · Casa da Cultura (Rúa do Castelo, S/N)
  • HORA : 17:00H
  • ENTRADA : Libre e de balde, con aforo limitado según orde de chegada.