O festival xa conta coa súa app móbil activa dende hoxe, desenrolada por Elora Design, coa que estarás informado en todo momento da programación. Dende esta aplicación podes consultar tódalas curtametraxes seleccionadas, ver a súa ficha, director, en qué bloque se atopa, ónde están programadas…

A principal novidade desta app é a posibilidade de poder votar as curtas cara a entrega do premio do público, sendo unha ferramenta imprescindible para acudir ás proxeccións.

Ademáis, para todos os que descoñecen a vila de Allariz, esta aplicación os axudará a atopar o que andan a buscar; hotel, restaurante, cafetería, tenda… a aplicación a través do navegador de Google Maps, levaráos a onde precisen, incluso lles facilitará un espazo público onde aparcar o coche!