O Festival RiR nace coma un Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia, pero vai máis aló…

O vindeiro venres, 24 ás 10:30h desvelamos a programación de tódalas actividades desta primeira edición do festival, nun acto cara os medios, no Salón de Plenos do Concello de Allariz, coa presenza de Cristina Cid (Alcaldesa), Alberto Conde (Concelleiro de Cultura) e os organizadores Óscar Doviso (ZinemusiK Producciones) e Jose Freiria (Escena Sonora Producción Cultural), que amosarán as novas deste ano.

Dende ese mesmo día e hora, poderás consultar tódolos detalles na páxina web do festival.