Silvia Carballo foi a encargada de deseñar o cartaz da primeira edición do Festival RiR que do 5 ao 9 de setembro se celebrará en Allariz. Carballo representou co seu particular e identificativo estilo a figura de Charles Chaplin, un personaxe clave da comedia cinematográfica.